
Ponteareas | Cun orzamento de 7.813.027,98€ (IVE incluído), o Pleno do Concello aprobou este 27 de outubro o proxecto básico e de execución da nova Biblioteca Pública Municipal, un dos investimentos máis importantes dos últimos anos no municipio.
Segundo a concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández Táboas, trátase da actuación de maior importe económico incluída no Plan EDIL de Ponteareas, unha iniciativa estratéxica de transformación urbana que conta con cofinanciación dos Fondos europeos FEDER. O proxecto contempla a rehabilitación integral do edificio do antigo Mercado de Abastos, cuxa superficie é de 2.500m2, situado na rúa Perillana número 4, para transformalo nun moderno equipamento público destinado á cultura, a lectura, o estudo e o coñecemento.




