
Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra sacou a licitación 11 postos de vendas e 7 bancadas que quedan libres no Mercado Municipal de Abastos. Os postos que se licitan son pescadería, carnicería, froitería, charcutería, panadería, asados, conxelados e postos libres.
Os canons van dende os 82,13€ aos 182,04€ anuais. Ademais sácanse a licitación tamén 7 bancadas cun canon anual que vai dende os 8,24€ aos 10,30€. As concesións de dominio público son por 20 anos, prorrogables por un periodo máximo de 5 anos.




