A lamprea tinguirá dun “loito moi divertido” as rúas de Salvaterra

O vindeiro sábado 25 de febreiro poñendo fin ao Entroido 2023

Salvaterra de Miño | Máis de 1.400 persoas percorrerán as rúas de Salvaterra de Miño a partires das 17:00 horas do vindeiro sábado 25 de febreiro, no tradicional festexo do Enterro da Lamprea, que porá fin o Entroido do 2023.

Son 15 as carrozas que farán as ledicias de todos os presentes e onde o espectáculo de sons, luces, vestimentas e risas, moitas risas, estarán asegurados.

A comitiva da defunta lamprea coas súas incondicionais “choronas” porán a cor fúnebre da tarde, ainda que aportará máis diversión e impacto visual, se cabe, ao evento. Lémbrase a quen queira que poderá acompañar a comitiva da defunta antes da súa queima na Praza do Concello, onde escoitaremos a lectura do testamento da Lamprea agardará un chocolate quente para todos e todas.

Día de Rosalía
Mañá xoves 23 de febreiro celébrase en Galicia o día de Rosalía, coincidindo coa data do seu nacemento.

Se ben é certo que ata fai pouco era un festexo propio do día 24, a investigadora Sagrario Abelleira correxiu a data de nacemento pasando dende o ano pasado ao día 23 e sendo parte dun dos días máis sinalados no calendario cultural galego.

Dende o Concello queremos rendir homenaxe a unha muller tan importante e cun legado inesquecible en materia de cultura, que puxo en valor dous piares fundamentais na súa obra: a potenciación da literatura galega e a defensa da independencia, liberdade e igualdade das mulleres.

Por iso este venres 24 a partires das 17:00 horas e na Praza do Concello, teremos a representación músico-teatral “A MUSA DOS POBOS”, baseado na vida e obra de Rosalía de Castro. Nel, María Alonso interpreta á propia Rosalía falando sobre a súa vida e obra mentres que Servando Barreiro pon voz e música a algún dos seus poemas.

O resultado é unha alternancia entre cantigas enerxéticas e otras máis intimistas e reflexivas enfiadas con paisaxes da súa vida e otros aspectos menos coñecidos ainda que non menos importantes do seu pensamento. Animádevos a revivir parte da nosa historia literaria, festexemos xuntos este día tan sinalado, este día de Rosalía!!!