
Lugo | A Garda Real levará a cabo un exercicio táctico na provincia de Lugo entre os días 5 e 10 de maio no que despregará a todas as súas unidades. A comunidade acollerá a súa xefatura e o Estado Maior, así como os grupos de Honras, Escoltas, a Unidade de Música e un grupo Mixto con capacidades do grupo de Loxística e Apoio, o que supón unha proxección total de máis de 500 homes e mulleres, máis de 35 vehículos, 15 motocicletas Harley Davidson, 64 cabalos e 12 cans.
Os múltiples exercicios e exhibicións que se desenvolverán durante catro xornadas teñen unha dobre finalidade. En primeiro termo, a do adestramento das unidades. Cada unha delas traballará na mellora das súas capacidades de mando e control, coordinación, transporte, apoio loxístico e no perfeccionamento dos seus labores particulares. Levaranse a cabo, ademais, actividades de instrución talles como marchas a pé, dacabalo e en moto, prácticas con embarcacións pneumáticas, e varias destrezas propias da vida e movemento de unidades militases en distintos ambientes.
Doutra banda, a Guardia Real pretende que os españois —aos que serve a través da Xefatura do Estado— coñézana mellor e síntana máis próxima, de modo que, durante os días que vai permanecer en terras galegas, dará aos cidadáns a oportunidade de que poidan aproximarse á natureza das súas misións, á súa organización e ás súas características e peculiaridades. Para iso levaranse a cabo diversas exhibicións en diferentes puntos da rexión que se iniciarán cunha exposición no Círculo das Artes de Lugo entre os días 30 de abril e 9 de maio. Para finalizar as exhibicións, o venres 8 de maio pola tarde executarase unha exposición dinámica no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Ademais, a nosa Unidade de Música interpretará un concerto na praza de Santa María, na capital, o sábado 9 ás 18.30 horas.
O exercicio concluirá cunha xura de bandeira que terá lugar o domingo día 10 no parque Rosalía de Castro ás 12 do mediodía. O modelo de instancia para solicitar a prestación do xuramento ou promesa ante a bandeira de España —que deberá acompañarse dunha copia do DNI do xurando— atópase dispoñible na páxina web do Ministerio de Defensa. Unha vez cumprimentada poderá entregarse na Subdelegación de Defensa de Lugo (Rolda da Muralla, 142, con teléfono 982 26 44 45).




