A Guarda recibe ao “Circo de lume”

Este martes 3 na Praza do Reló

A Guarda | O Concello da Guarda remata esta semana a programación de actividades do nadal con circo e a visita dos Reis Magos.

Como prato forte da programación do Nadal este martes día 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Circo de Lume, da compañía AsacoCirco na Praza do Reló ás 18:00h. Circo de lume é un espectáculo de pura acción para tódolos públicos. Con emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofagia, humor e trato directo co público. Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con más de 13 años de adestramento, conclúen nun espectáculo de efectos visuales impresionantes.

O mesmo día 3 e ata o día 5 de xaneiro os carteiros reais, en nome dos Reis Magos de Oriente, estarán percorrendo as nosas rúas para recoller as cartas das crianzas aos Reis Magos.

A Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso. A proba de obstáculos en familia A GUARDA FAMILIY KIDS, na Alameda ás 16:30h. que pechará a programación o día 7 de xaneiro.

Xa para pechar a programación do Nadal, o domingo día 8 de xaneiro ás 11:00h terá lugar a Carreira San Silvestre, un evento que se tivo que aprazar debido á climatoloxía adversa. Cunha distancia de 4 quilómetros, sairá dende a Praza de Avelino Vicente para percorrer diferentes puntos do noso municipio.

Programación:
Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda
Carteiros do Nadal
Días 3 e 4 de 17:00h a 20:00h. Día 5 de 11:30h a 14:30h.

Martes 3 de xaneiro na Praza do Reló
Circo de lume ás 18:00h

Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda
Cabalgata e visita dos Reis Magos

Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda
A Guarda Family Kids

Domingo 8 de xaneiro ás 11:00h
Carreira San Silvestre