A Guarda | O Concello da Guarda lanza unha campaña de sensibilización en saúde mental en colaboración coa Asociación Avelaíña.
O acto, que tivo lugar na mañá do pasado venres día 22 no Concello da Guarda, contou coa presencia de Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Fátima Rodríguez concelleira de educación; Patricia Cuña, técnica da OMIX; Clara Suárez psicóloga de Asociación Avelaíña e Rafael Álvarez, Director Xerente da Asociación Avelaíña.
Tratase dun vídeo cun formato de animación que resulta atractivo para a poboación máis xove, permitindo unha difusión rápida e eficaz a través das redes sociais.
Desde o Concello transmítese unha gran preocupación polo empeoramento da saúde mental nos xoves que lles faen chegar desde centros educativos e familias.
A adolescencia é unha etapa única e formativa e os cambios a nivel físico, emocional e social faen aos adolescentes vulnerables a sufrir problemas de saúde mental.
A situación provocada pola pandemia elevou os factores de risco debido a illamento, restricións, incertidumbre, falecemento de familiares ou amigos, risco da propia saúde, etc.
Un Estudo de Unicef de 2021 Estado Mundial da Infancia: Na miña Mente amosa que a media de trastornos de saúde mental en xoves é en Europa do 13,2% , mentres que en España esa cifra elevase ata o 20,8%
Un estudo de Fundación Mutua Madrileña e Fundación FAD Juventud realizado a xoves, amosa que o 56,4% perciben que tiveron problemas psicolóxicos nos últimos 12 meses, pero a metade non pediu axuda profesional por vergoña, custe, ou non lle daban importancia.
O Concello contou para a elaboración do material da campaña, coa Asociación Avelaíña, entidade de referencia en saúde mental.
O vídeo compartirase nas redes sociais, medios de comunicación e farase chegar tamén aos centros educativos coa intención de que chegue ao maior número de persoas posibles e que tamén se utilice como ferramenta de traballo para entidades, profesorado, familias, etc. Ligazón vídeo: https://youtu.be/Y6mu6J_vRmQ
Exposición de pinturas da artista local Chuny Vázquez
A Casa dos Alonso acolleu na xornada deste luns día 26 de xullo a inauguración da Exposición “Un Canto a Cor e a Vida” da artista local Chuny Vázquez.
Neste acto, que arrancou cunha presentación a cargo do reporteiro local e Ricardo Rodríguez, os asistentes puideron gozar da súa gran obra pictórica, a través de máis dunha trintena de cadros de diversas temáticas e técnicas.
Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, quixo recordar na súa intervención que esta exposición ven a cubrir novamente un espazo singular como é a Casa dos Alonso, “a casa de toda a cidadanía guardesa”, que trala pandemia aínda non acollera unha exposición de envergadura como a que nestes días se pode apreciar na nosa vila, indicando que “é unha oportunidade excepcional para unhas obras que ben o merecen, pola calidade artística e pola calidade humana que transmite a súa autora”.
Chuny Vázquez, autora das obras desta exposición, indicou regresar “dun xardín de cores” para amosar unha obra extensa, traballos e pinturas realizados nos últimos anos, entre a súa última exposición do ano 2008 e a actualidade.
En palabras da autora “Ningunha pintura fala de si mesma, gardan silencio, prefiren que sexa o público quen teña no seu poder, as preguntas ou respostas ante cada unha delas, porque senten a necesidade da súa atención, da súa linguaxe e sentimentos, porque levaron moito tempo agochadas entre as penumbras ao longo do peor da pandemia e agora piden a luz de todas as miradas, para volverse a sentir vivas. A Exposición pódese visitar de luns a sábado ata o vindeiro día 13 de agosto na Casa dos Alonso en horario de 10:30h a 13:30h e de 19:00h a 21:00h