A Guarda implementa plan dos ODS a nivel municipal

A través do Fondo Galego de Cooperación

A Guarda | O Concello da Guarda, a través do Fondo Galego de Cooperación, acaba de dar comezo a elaboración do Plan para implementación dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a nivel local para os próximos tres anos.

Para esta labor o Concello estará guiado polo equipo de profesionais da empresa contratada polo Fondo Galego de Cooperación, o ICSEM.

Todo este traballo terá diferentes fases ao longo deste tempo, partindo dunha análise diagnóstico, coa revisión de información, elaboración de mapa de axentes sociais, enquisas, etc. A partir desta análise elaborarán accións concretas que poidan implantarse nos próximos 3 anos para avanzar no cumprimento da Axenda 2030.

O plan e accións que se programan faranse públicas a finais deste ano 2022.