A Eurocidade Tui-Valença edita un calendario solidario 2024

Se distribuirá a cambio de alimentos non perecedoiros

Tui | A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario, no que os doce meses énchense de solidariedade xa que o almanaque será entregado a cambio de alimentos non perecedoiros.

O lema do 2024 é “A Eurocidade non se sente vívese”. As ilustracións foron realizadas por sketchers que no caso de Valença participaron no 17º Encontro da Associação Urban Skechers Minho no mes de xuño representando o patrimonio local. Mentres os debuxos de Tui son froito do encontro de debuxo sobre o Tui xudeu organizado polo colectivo Urban Sketchers no mes de setembro.

Aparecen representados ao longo dos meses a Casa Toga , o Marco Milario, a igrexa de Santa María dos Anjos, a capela de nosso señor do Encontro, a Casa do Poço, e a Praça da República de Valença. Mentres a rúa das Monxas, o conxunto histórico, o miradoiro dos xardíns da Catedral, a rúa Entrefornos, e a Catedral de Tui forman parte tamén das ilustracións deste calendario.

Valença distribuirá os seus 400 exemplares do calendario nos centros educativos de preescolar e do 1º ciclo do Agrupamento de Escolas de Muralhas do Minho cambio de dúas unidades de alimentos non perecedoiros, que logo serán entregados á Loja Social do Município de Valença. No caso de Tui as persoas que desexen un calendario deberán achegarse á casa do Concello onde dende este mércores, 13 de decembro, poderán recoller un exemplar a cambio de 2 quilos de alimentos non perecedoiros que se destinarán á Asociación SOS Tomiño – Baixo Miño.