A Biblioteca Municipal de Ponteareas volve a prestar todos os servizos

Ponteareas | A partir do 1 de xullo a Biblioteca Pública Municipal, o Museo Municipal e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ponteareas volven a prestar todos os servizos con aforo limitado.

Será obrigatorio o uso do xel hidroalcohólico ao entrar e saír, o uso de mascariña, manter a distancia de seguridade (1,5 m) e respectar a disposición das cadeiras.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que as nenas e os nenos menores de 6 anos non teñen o deber de empregar macaraiña pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene; ata os 7 anos deben estar sempre cunha persoa adulta. A biblioteca informa que é preferente o uso das escaleiras, salvo para persoas con mobilidade reducida ou maiores. A ocupación máxima para o uso dos aseos é dunha persoa de cada vez.

O acceso directo á colección tamén estará permitido a partir de mañá día 1 de xullo.

O horario de verán será de 09:00 a 14:30 h e de 15:30 a 21:00 h.