A aula de novas tecnoloxías do CDL “O Torrón” acollerá dous novos cursos

Terán preferencia os autónomos

Salceda de Caselas | O CDL O Torrón acollerá no mes de xullo dous novos cursos, no que as 15 plazas por curso se cubrirán con un mínimo do 60% con autónomo e ao 40% restante poderán acceder desempregados/as.
Os cursos son “Venta Online” de 45 horas no que os alumnos e alumnas poderán aprender a deseñar unha páxina web comercial e a utilizar internet como canle de venta. Outro curso é “Selección e evaluación de proveedores” de 35 horas no que se mostrarán os coñecementos precisos para evaluar productos e proveedores.
Serán na modalidade presencial e Teleformación, contando ambos os dous con 10 horas presenciais e as restantes online.
As datas de celebración son as seguintes:
Venta Online: entre o 14 e o 18 de xullo.
Selección e evaluación de proveedores: entre o 21 e o 28 de xullo.
Ambos os dous en horario de luns a venres de 21:00 a 23:00 horas, para poder conciliar a xestión do negocio coa aprendizaxe.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación, suliña “a importancia da formación tanto para os desempregados/as como para aqueles emprendedores que teñen os seus negocios e que precisan ir adaptándose aos cambios na xestión e gañar así oportunidades de venta”
No caso dos desempregados/as estes deben inscribirse na oficina de emprego (INEM), mentres que as/os autónomos poderán facelo no Rexistro Xeral do Concello ata o 27 de xuño.
Os impresos de solicitude xa están a disposición no Rexistro e na páxina web do Concello.