A “Asociación O Porriño Arte” homenaxea á pintura galega

Cunha exposición ata o 29 de maio no Centro Cultural Municipal

O Porriño | A Asociación O Porriño Arte súmase como cada ano á conmemoración do Día das Letras Galegas cunha exposición homenaxe á pintura galega, que recolle reproducións de obras importantes da pintura galega dos séculos XX e XXI.

No mes adicado ao noso insigne intelectual Francisco Fernández del Riego, os artistas de O Porriño arte reproduciron varias obras de pintores como Xaime Quesada, Alfonso Costa, Luis Dávila, Xavier Pousa, Luis Xeoane, Ali Ali ou Tomás Pereira.

A mostra está composta por 14 obras asinadas por Chola Amoedo, Teresa Fernández, Susana Carballas, Pepa Carrera, Carlos Díaz, Rosa Pereira, Ana Carrera e os orixinais de Nito Pereiro e Nuria Vilanova.

A exposición inaugurouse onte e permanecerá aberta ao público ata o 29 de maio no Centro Cultural Municipal.