A alcaldesa inspeccionou as obras de renovación do sistema de climatización da piscina municipal

O Porriño | Eva García, acompañada de técnicos municipais, inspeccionou esta mañán o desenrolo das obras de renovación do sistema de climatización da piscina municipal.
A alcaldesa de Porriño comprobou os traballos que realizan os operarios da empresa adxudicataria. Retiranse a vellas e oxidadas canalizacions e sustituense por outras novas, axeitadas á regulación sanitaria exisible para piscinas. A renovación das tuberías e maquinaria para a climatización da piscina municipal ten un orzamento de algo máis de 94.000 euros.

Tratase dunha vella demanda dos usuarios desta instalación deportiva. Un proxecto que vén de 2016 pero que finalmente estase a executar dende hai un mes.

O Concello de Porriño roga ós usuarios desta instalación disculpas polas molestias ocasionadas.

Outros artigos