
Ourense | “Equilibrio imperfecto” foi o primeiro libro de poesía da autora ourensá Patricia Cisneros Comes publicado en 2024. Este ano 2026 a editorial Seis Letras acaba de publicar o segundo “Sintiendo el Sentido” que se presentou no Liceo de Ourense.
“Eu non son ningunha experta en métrica, simplemente escribo o que sento. A poesía foi para min unha liberación porque é o medio que uso para expresar os meus sentimentos,” manifesta a autora. Patricia naceu en Ourense en 1992 e na Universidade graduouse en Dereito e cursou máster de Avogacía. Actualmente exerce como administrativa.
“Gústame definirme como unha pequena desorde mental e creo que as letras me axudan a poñelo un pouco máis en orde”, explica. Todas e cada unha das páxinas de “Sintiendo el Sentido” son froito dunha reconciliación coas miñas adentros e os meus sentimentos. Escritos desde o máis profundo das miñas entrañas, en días bos e non tan bos, sentada nun banco, contemplando a lúa desde o balcón ou abrigada ao amparo dun suadoiro grande, que como sempre digo, abriga todos os males,” aclara na contraportada do libro.
“A miña máxima con esta obra é que a fagades vosa e póidavos servir, aínda que sexa para identificarvos con algún dos sentimentos ou pensamentos que ela alberga”. O libro consta de 109 páxinas, un prefacio e 84 capítulos. O seu anterior “Metralla”, de 214 páxinas publicouse no ano 2025. “Unha viaxe polas estacións, publicado en 2024, foi o primeiro volumen da autora escrito en galego.




