A Caniza é a capital do Xamón de Galicia

A Carballeira do Cacharado foi o escenario principal das “vodas de diamante” na 60º Feira-Festa do Xamón

A Caniza | A 60º Feira-Festa do Xamón da Caniza realizada este 15 de agosto na Carballeira do Cacharado celebrou as súas “vodas de diamente” con milleiros de visitantes, confirmando a súa condición de capital galega do xamón.

A programación incluíu o récord do bocata xigante de xamón, xornadas de corte e cata de viños, o tradicional percorrido dos cabezudos, a xornada gastronómica, o XI Concurso de Cortadores de Xamón, o Trofeo de Fútbol, música tradicional e actividades para todos os públicos.

O récord Guinness foi de novo superado cun bocadillo de xamón de 23,5 metros e loncha cortada nunha soa peza, con 2,6 metros máis de lonxitude co respecto á edición anterior.

Foron tamén entregados os premios do XI Concurso de Cortadores de Xamón da Caniza, dirixido por Víctor Burgos, entre os que foron galardonados José Luis Represas Alamá co 1º premio; Francisco Javier Familiar Gómez co segundo premio; José Aurelio Outomuro Rodríguez co terceiro premio; Ángel Rico Vázquez como Mellor Prato Creativo; e Francisco Javier Alonso Rubiños como Mellor clasificado de Galicia.

Pero tamén houbo espazo para o deporte. O 16 de agosto o campo de fútbol de Augas Férreas acolleu unha nova edición do Trofeo Festa do Xamón 2026. Na VI edición do encontro feminino, o CF Cañiza proclamouse campión tras vencer por 2-0 ao CD Valladares. E no LX encontro masculino, a UD Mos conquistou o trofeo tras impoñerse por 4-0 ao CF Cañiza.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.