
Santiago de Compostela | As institucións autonómicas e as diversas forzas políticas galegas realizaron unha intensa actividade institucional e nas rúas para celebrar o Día Nacional de Galicia.

As autoridades autonómicas realizaron a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago na Catedral compostelá, na que estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o do Parlamento galego, Miguel Santalices, e o líder do Partido Popular e ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras personalidades. Con vistas ao Xacobeo 2027, o desexo do goberno galego é a visita a Santiago do Papa León XIV toda vez Santalices manifestou a súa solidariedade cos vítimas dos incendios. Un día antes, o 24 de xullo, a Xunta de Galicia celebrou a cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2026, na que o presidente Alfonso Rueda condecorou a membros destacados da diáspora como Claudia Álvarez (Arxentina), Beatriz Gil (Suíza), Carla Angola (Venezuela) e Camila Fernández (Brasil)

O BNG foi o máis activo coa tradicional manifestación do Día da Patria Galega polas rúas de Santiago de Compostela e a concentración na Praza da Quintana. Soberanismo, lingua, dereitos sociais, Altri, solidariedade cos pobos e con Palestina e a vista posta nas municipais 2027 e autonómicas 2028 foron as chaves do discurso levado a cabo pola súa voceira nacional, Ana Pontón, apostando por un “futuro digno” para Galicia. Outra das actividades dos nacionalistas galegos foi a celebración dunha nova edición do FESTIGAL no Campus da USC.
Dende Bos Aires, onde mantén unha visita institucional, o secretario xeral do PSdG, Xosé Ramón Besteiro, expresou vía telemática a súa mensaxe con motivo do Día Nacional de Galicia tomando como foco os nexos coa emigración. Os socialistas cumpriron igualmente coa tradición no seu acto institucional en Rianxo, a localidade coruñesa natal de Castelao.





