904.444€ en tecnoloxía LED en Covelo

No marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

O Covelo | Novo respaldo da administración do Estado ao Concello de Covelo que vén de conseguir o apoio do IDAE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno de España, para o cambio a tecnoloxía LED da iluminación pública exterior.

Dando cumprimento aos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías polo clima, o goberno de Covelo presentou o proxecto ao IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía de España, entidade pública empresarial, adscrita ao Ministerio para a Transición Ecológica) que acaba de concederlle 904.444€, subvencionando así o 100% do importe solicitado.

O concello actuará en 1.398 puntos de luz dos 1.563 existentes para substituir as luminarias actuais por novas de tecnoloxía LED, as restantes xa contan con esta tecnoloxía. Ademais, tamén reformará 81 dos 84 cadros existentes para adaptalos á normativa vixente e instalarase un sistema de telexestión en cabeceira que permite obter e xestionar información detallada sobre consumos, mantemento e fluxos luminosos.

Reabre o serradoiro dos Carranos
As xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos iniciada este 2 de outubro están organizadas polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra (liña de subvención Plan Concellos) para o ano 2022.

Ás visitas guiadas ao serradoiro enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural que tamén ofrece as rutas do Museo Pazo da Cruz e as de observación das estrelas da man da Asociación Galega de Astronomía.