200 veciños mosenses protestan contra o vertido contaminante do proxecto Afouteza

Fronte á sede do R.C Celta de Vigo e convocados pola plataforma Auga é Vida e a ONG Ecoloxistas en Acción

Mos | Un total de 200 veciños de Mos protestaron fronte á sede do R.C. Celta de Vigo na rúa Príncipe para amosar o seu malestar polos vertidos contaminantes dentro do proxecto de construción da Cidade Deportiva Afouteza no municipio mosense.

Convocados pola plataforma Auga é Vida e a ONG Ecoloxistas en Acción, e baixo o lema “En defensa da nosa auga. STOP vertido contaminante”, a veciñanza comuneira das traídas de augas de Mos esixiron a o cegado do emisario de augas residuais procedente de Afouteza, que verte enriba das súas captacións de auga.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.