• Segue conectado
  • |

13 vivendas, unha escola infantil e un centro de atención a maiores contarán con servizo de saneamento en Casás

Salceda | Nuns días quedarán rematados os traballos para a conexión á rede de saneamento no barrio de Casás, obras que contan cun orzamento de 24.512,67 € que serán asumidos con fondos propios do Concello de Salceda e executadas pola UTE do Consorcio de Augas do Louro.

No barrio de Casás existía xa un colector de saneamento que levaba anos sen poder ser empregado por precisar o permiso para cruzar unha parcela particular, que agora, tralas xestións realizadas pola alcaldesa, Loli Castiñeira, poderá por fin ser unha realidade. Ademais estábase xerando un grave problema ambiental, ao coñecerse que algunas vivendas estarían verquendo ao mencionado colector, producindo filtracións nos terreos da zona.

Estamos a falar dun tramo prioritario para o Concello de Salceda de Caselas, xa que unha vez finalizadas as obras, unhas 13 vivendas poderán conectarse directamente aos colectores do Consorcio do Louro, ás que hai que unirlles a escola infantil Xoaniña e a antiga escola unitaria que o Concello está a recuperar para centro de atención a persoas con enfermedades neurodexenerativas.

Con este novo tramo, Salceda dá un paso máis cara a consecución do saneamento integral do municipio, con dúas actuacións realizadas neste caso na parroquia de San Xurxo: a de Casás e proximamente a de Bouzavedra.

Rubén González, Concelleiro de Medioambiente: “as obras de saneamento son fundamentais e prioritarias. Sabemos que queda moito aínda por facer pero o goberno local está facendo todo o esforzo posible co orzamento municipal e sigue solicitando á administración autonómica as obras que son da súa competencia”.

Loli Castiñeira: “O saneamento é un servizo fundamental para os nosos veciños e veciñas, polo que traballaremos nun Plan de saneamento integral do noso Concello. Poremos todos os nosos esforzos en conseguir acordos como o do barrio de Casás, que nos permitan executar este tipo de obras nas mellores condicións e cos mellores resultados, agradecendo a colaboración das persoas propietarias dos terreos polos que pasan os colectores.”.

Publicado o 25 Xuñ 2020 en Portada, Salceda de Caselas, Sanidade, Traballo.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies