Zona Franca con Ucraína

Iluminou a súa sede coas cores da bandeira

Vigo | A Zona Franca iluminou este venres 4 de marzo a fachada da súa sede en Vigo coas cores da bandeira ucraína, azul e amarelo, en solidariedade co pobo ucraíno ante a actual situación de agresión militar por parte de Rusia no seu territorio dende o pasado 24 de febreiro.

Deste xeito, a Zona Franca quixo facer parte das campañas solidarias que en Galicia estanse levando a cabo co respecto ao pobo ucraíno.