Yolanda Díaz no Courel para presentar o seu programa Sumar

Deixou unha flor na tumba do poeta Uxio Novoneyra

Parada do Courel | Yolanda Díaz, ministra de Traballo e Economía está de visita por O Courel. Mañá xoves presentará o seu proxecto político Sumar na fundación Uxío Novoneyra, ás 12.30 horas. Xunto a ela participarán distintos expertos en política forestal, así como outras persoas que impulsan unha produción sostible e un desenvolvemento rural con arraigamento no territorio.

Unha hora antes, a vicepresidenta do Goberno de España desprazarase por algunhas zonas de O Courel, entre elas, áreas calcinadas polos incendios forestais ocorridos a segunda quincena do pasado xullo.

A xornada de hora dedicouna á fundación Uxio Novoneira para honrar a memoria do poeta e escritor Uxío Novoneyra en Parada de Courel. A política galega dirixiuse á fundación que leva o nome do escritor. Alí deixou unha flor na tumba de Novoneyra e saudou á familia do poeta, entre quen se atopaba a súa viúva, Elba Rey, que é a patroa da citada entidade. Yolanda Díaz lembrou os lazos que lle unían a Novoneyra, a quen se referiu en múltiples ocasións como o seu “poeta de referencia”, e que veñen da relación de amizade que o autor de Os Eidos mantiña co seu pai e o seu tío, Suso e Pepe Díaz, dous recoñecidos sindicalistas.

Desde a fundación lembran que Uxío Novoneyra viaxaba moito a Ferrol, guiado pola súa identificación coas causas sociais e a loita obreira. De feito, adoitaba referirse a esa cidade como O Ferrol dos traballadores. Fuentes da fundación lembraron tamén o poema escrito en homenaxe a dous obreiros -Amador Rey e Daniel Néboa- do sector do metal, operarios da antiga empresa pública nacional Bazán e asasinados pola policía franquista durante unha manifestación para reivindicar un convenio propio celebrada na mesma Ferrol o 10 de marzo de 1972.

Como resultado destes desprazamentos a Ferrol forxouse unha boa relación entre Novoneyra e a familia de Yolanda Díaz, que lle deu acubillo en moitas ocasións. Como en 1985, cando o poeta de O Courel participou nun ciclo de recitais poéticos en solidariedade cos obreiros de Astano. Yolanda Díaz, daquelas unha nena, coñeceuno entón.

A vicepresidenta reivindicou “vivir nun rural vivo», no castro da Torre, en Folgoso do Courel, un lugar rodeado de laxas negras e vexetación arrasada polo gran incendio forestal que abrasou unhas 11.000 hectáreas de monte en Ou Courel, o maior lume xamais rexistrado en Galicia.

“Arrincamos Sumar en Galicia sabendo que temos unha tarefa pendente que trae causas desde 60 anos atrás nos que o noso modelo produtivo cambiou tanto que provocou consecuencias tan tremendas como o despoboamento do rural, que vemos aquí en Galicia e en toda España”, dixo Díaz, que reivindicou así “a España Baleira, que tamén está aquí”.

Denunciou que as administracións, de calquera signo político, abandonaron as zonas rurais. Reclamou así asinar un “contrato social”. “Vimos escoitar á xente que sabe -apuntou en referencia ao proceso de escoita que celebrou en Casa Museo de Uxío Novoneyra-. “Necesitamos un gran pacto, un contrato social co rural. Un contrato social entre o rural e o urbano, coa terra. É fundamental. Hai que cambiar o modelo produtivo a unha agricultura e gandería que non pode ser extensiva”, subliñou e pediu apostar por unha agricultura e gandería “próxima, de calidade, humana e sostible” fronte ao modelo intensivo actual “que non é o correcto”.

“Acabamos de ver o monte galego, a Serra do Courel, completamente arrasada, queimada. As administracións públicas actúan no rural, daba igual quen goberne, só cando hai incendios, cando o dano xa está feito”, criticou. A vicepresidenta expuxo que todas estas políticas públicas “non poden deseñarse desde as capitais, senón desde aquí, sumando”.

“A única maneira de abordar os incendios e o que estamos a vivir hoxe aquí é abordar as causas profundas de por que se abandona: o modelo produtivo e a falta de servizos públicos», advertíu Yolanda Díaz minutos antes de rodearse de veciños, ecoloxistas e conservacionistas na casa natal do poeta Uxío Novoneyra para escoitar as súas demandas e propostas para O Courel e o tecido produtivo no rural galego. Antes de dar paso ás quendas de dous minutos para cada participante, a ministra citou un verso de Novoneyra, “Chove para que eu soñé”, para reivindicar que en Sumar soñan. E que o seu soño é “cambiar o país”.