XXVII Torneo de Fútbol Sala “Vila de Arbo”

Abertas as inscricións do torneo a realizarse do 28 ao 30 de xuño

Arbo | O Concello de Arbo no seu interese para apoiar e promocionar o deporte, organiza o XXVIII Torneo de fútbol sala “Vila de Arbo”.

O Torneo, xogarase en grupos. Os grupos dependeran dos equipos anotados. O Campionato de Fútbol Sala “Vila de Arbo” disputarase os días 28, 29 e 30 de xullo DE 2023 a partires das 21:00 horas. Un evento deportivo totalmente amateur.

O prazo de inscrición remata o venres día 21 de xullo de 2023, ás 14:00 horas ou unha vez están cubertas as prazas de equipos inscritos. O prezo de inscrición e de 75 € por equipo, que serán ingresados na conta do Concello que se facilita, mais 25,00 € que serán entregados antes do comezo do primeiro partido a organización.

As inscricións realizaranse no modelo facilitado polo Concello de Arbo, recheando o formulario e enviando o enderezo electrónico da persoa responsable ou a través da sede electrónica do Concello de Arbo. A Persoa responsable do torneo é a Concelleira de Deportes e Vicenta Rodríguez Cerdeira e o teléfono de contacto para máis información o 639829445.

O torneo xogase no pavillón municipal de deportes de Arbo, unha zona privilexiada preto da piscina municipal e contará con zona de acampada gratuita a 200 metros da instalación para os participantes no Torneo.

Moitas son as razón polas que merece a pena inscribirse a este torneo ademáis dos premios, coñecer e desfrutar dun fin de semana en Arbo desfrutando de Arbo e os seus encantos.