XXII Mostra do Aceite de Bendilló en Quiroga

A realizarse o domingo 29 de maio

Quiroga | O Concello de Quiroga celebrará o domingo 29 de maio a edición número 22 da súa Mostra do Aceite no muíño de Bendilló. O número de colleiteiros participantes está limitado a seis polo que serán seleccionados por orde de inscrición no rexistro de entrada das oficinas municipais.

Os colleiteiros teñen que contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite. No momento de formalizar a inscrición presentaran unha mostra dun litro de aceite nun envase de cristal para realizar posibles catas.

A comisión organizadora reunirase nos vindeiros días para pechar un programa que, segundo adiantaron, manterá a liña do ano pasado, cando se desenvolveu baixo un estrito control das medidas sanitarias malia a pandemia. A última edición foi máis etnográfica que festiva e a moenda tradicional do aceite dentro do muíño tivo máis protagonismo que outros anos.

Os visitantes á festa poderán acceder en grupos de dez ao pequeño recinto do muiño para observar como as olivas eran moídas nunha almazara movida por unha burra e seguidamente prensadas nun lagar centenario.