XX Premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración en Ourense

Antonio Yáñez gañou con “Azul cobalto” e Fernando Díaz con “Viaxe polos soños”

Ourense | O presidente provincial, Luis Menor, entregou hoxe os galardóns do Premio Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil, poñendo en valor as “vinte edicións que acada un premio senlleiro” e a aposta pola cultura que “vai no ADN da Deputación”. De feito, Menor puxo en valor o que debería ser un dos obxectivos das institucións: “recobrar a nosa actividade cultural”, logo sobre todo do parón obrigado pola pandemia.

Antonio Yáñez Casal (Ferrol 1999) se presentou coa obra “Azul Cobalto”, recolleu o premio na modalidade de narración; mentres que Fernando Díaz Mirón (Sevilla, 1976), coa obra “Viaxe polos soños”, recibiu o galardón na categoría de ilustración.

O xurado destaca de “Azul cobalto” que vai dirixida a un público xuvenil, “sendo unha obra moi orixinal cunha temática rompedora que é doada de ler e engancha moito. Ten unha linguaxe e un estilo moi coidados. Destaca valores como o traballo en equipo e a perseveranza. Enxalza o poder dos soños como memoria e destaca a importancia da lectura para poder entender as cousas”.

Díaz Mirón ten participado en numerosos certames de pintura e expón as súas obras en mostras colectivas. Entre outros proxectos, participa en “A viaxe dos barballocas”, unha iniciativa editorial colectiva con outros artistas. Combina a súa actividade artística coa súa actividade profesional como docente de Secundaria no IES Aquis Querquernis de Bande.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.