Xurxo Gregorio irá na lista do PSdeG-PSOE por Pontevedra

O voceiro e Tenente de Alcaldesa estará na lista provincial encabezada por Abel Losada

Salceda de Caselas/PSdeG-PSOE | O PSdeG-PSOE formalizou a inclusión de Xurxo Gregorio Vaqueiro, voceiro do partido e tenente de Alcaldesa de Salceda na candidatura ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra. A lista está encabezada por Abel Losada.

Coa presenza de Xurxo Gregorio Vaqueiro, Salceda contará por primeira vez cunha representación directa e activa nas listas a Madrid do PSdeG-PSOE. Os socialistas pretenden darlle voz o municipio, destacando o compromiso polas melloras nas conexións e infraestruturas locais, o impulso ao emprego así como o apoio ao tecido empresarial.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.