Xunta de Galicia pón en valor o Centro de Día de Atención a Menores en Vigo

O Centro está xestionado por Aldeas Infantís de Vigo

Vigo | O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de día de atención a menores de Aldeas Infantís en Vigo.

Durante o seu percorrido, puxo en valor a calidade asistencial que nestas instalacións se presta a nenos que se atopan dentro do sistema de protección autonómico.

Jacobo Rey lembrou que estes centro axudan a previr e actuar ante casos de desprotección de menores. En concreto, ponse á súa disposición ferramentas de apoio socioeducativo e psicolóxico para actuar ante posibles situacións de desigualdade.

O director xeral destacou tamén a traxectoria de Aldeas Infantís na protección da infancia e na loita pola igualdade de oportunidades.