Xunta de Galicia leva a Patrimonio Histórico a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO

Esta zona BIC “é un dos maiores tesouros patrimoniais de España” que destaca pola súa “riqueza paisaxística, cultural e enogastronómica”

Santiago de Compostela | O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno autonomico presentará mañá no Consello do Patrimonio Histórico Español, que se celebrará na illa da Palma, a candidatura da Ribeira Sacra “para que se converta en Patrimonio Mundial da UNESCO”.

Trátase dunha cita á que asistirá o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en funcións, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultura, Mª del Carmen Martínez, e na cal os técnicos e profesionais do equipo redactor exporán a proposta da Xunta de Galicia. A continuación, será debatida e sometida a votación para ser elixida como candidata de España e que poida ser abordada no Comité do Patrimonio Mundial.

A Ribeira Sacra abarca máis de 16.000 hectáreas de 22 concellos das provincias de Lugo e Ourense e está declarada Ben de Interese Cultural (BIC) desde o ano 2018. Para Rueda “é un dos maiores tesouros patrimoniais de toda España” que destaca “pola súa riqueza paisaxística, cultural e enogastronómica”. Por iso, asegurou que a Xunta agarda que “obteña este recoñecemento internacional”.

Na mesma liña, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, destacou os valores “senselleiros” e “as características singulares” da Ribeira Sacra para alzarse con este recoñecemento da UNESCO.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.