Xogos Autonómicos Special Olympics en Sober

Se celebrarán este sábado 11

Sober | Pablo Rivera, deputado provincial de Promoción Económica e Social, participou este mércores en Sober na presentación da 27 edición dos Xogos Autonómicos Special Olympics na modalidade de campo a través e petanca, que se celebrará este sábado 11 de maio que terá lugar na localidade soberina.

Rivera Capón destacou o compromiso da Deputación cos Special Olympics e puxo en valor o traballo da Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento (FADEMGA) e da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, “por promover esta proba deportiva que reunirá a 241 participantes procedentes de 13 entidades galegas, e que conta con diferentes niveis, categorías e distancias nesta modalidade”. Ademais, subliñou o apoio continuo da Deputación a este colectivo, aportando anualmente 8.000 euros.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.