Visita do alcalde á escola infantil municipal

A Coruña | O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, visitaron esta mañá a escola infantil municipal A Caracola, no barrio de Novo Mesoiro, onde fixeron entrega dun lote de libros de Os Bolechas van de troula pola Coruña, xestionados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Alí, o rexedor salientou o compromiso do Goberno local cunha educación pública e de calidade “á que todos e todas podamos ter acceso en igualdade de condicións”. Neste sentido, Ferreiro lembrou a rebaixa de tarifas que se levou a cabo neste mandato “permitiu que moitas familias poidan levar agora aos seus fillos e ás súas fillas ás escolas infantís municipais”.

Outros artigos