Vinte bois inician un novo proxecto de desenvolvemento rural en Allariz

Os animais forman parte dun plan de cría e engorde de gando vacún de Galicia e Portugal

Allariz | A fundación Ramón González Ferreiro, propietaria da granxa de O Rexo, contou para este proxecto coa colaboración da Fundación Juana de Vega e da Fundación OKELAN.

Vinte bois das razas Minhota e Vianesa xa pastan nos prados da granxa de Valverde dentro dun proxecto que ten como obxectivo a cría e engorde de gando vacún de razas autóctonas de Galicia e Portugal. O proxecto estudiará a diferente evolución dos distintos animais que estarán alimentados dentro dun réxime semiextensivo. Despois do proceso de engorde os bois venderanse para o seu consumo nas liñas de hostaleira ou consumo particular.

A Fundación Ramón González Ferreiro puxo en marcha a granxa de O Rexo coa intención de recuperar superficies agrarias abandonadas e introducir nova actividade económica para revitalizar o mundo rural. Despois do rabaño de ovellas lartxas para a produción de leite e o rabaño de cabras en pastoreo extensivo e virtual, a cría e engorde de gando vacún e o terceiro proxecto que a Fundación pon en marcha.

Para este proxecto a Fundación Ramón González Ferreiro contou coa colaboración da Fundación Juana de Vega, ca que xa tiña colaborado noutros proxectos, e coa Fundación vasca OKELAN, con longa traxectoria na cría e comercialización de gando vacún.

Allariz ten una longa traxectoria histórica ligada o boi. A Festa que se celebra todos os anos nos días do Corpus e as xornadas anuais de carne de boi , nas que participa activamente toda a hostaleira da vila de Allariz, dan boa conta dilo. Agora a Fundación Ramón González Ferreiro por un chanzo máis nesa tradición coa cría e engorde de bois.

A Valverde chegaran animais de entre dous e catro anos e permanecerán nos prados e cuadras da granxa ata alcanzar a configuración cárnica necesaria para a súa venta. A granxa conta co 21 hectáreas de terreo onde os bois recibiran unha alimentación natural cuia base principal será o pasto e o forraxe. O proxecto servirá para observar o proceso de engorde nas diferentes razas de gando.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.