Vilanova de Arousa presenta a exposición “Galicia Crepuscular”

De Diego Lorenzo Pouso na Casa Museo Valle-Inclán
O autor, Diego Lorenzo Pouso (centro) xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán (dereita)

Vilanova de Arousa | A Casa Museo Valle-Inclán de Vilanova de Arousa acolle a exposición “Galicia Crepuscular” de Diego Lorenzo Pouso, que estará exhibida ata o vindeiro 28 de agosto.

A exposición consta de varias imaxes crepusculares de diversos lugares de Galicia realizadas polo seu autor, técnico superior en captación e tratamamento de imaxe. Algunhas destas imaxes resultaron gañadoras de concursos como Previsonor 2018 e Xurxo Lobato 2021.

Segundo reflicte o propio autor Lorenzo Pouso, a mostra “é unha pequena homenaxe aos nosos paisaxes e ao ceo nocturno que podemos desfrutar”.

A exposición estará de martes a domingo en horarios de 10:00  a 14:00 horas e 17:30 a 20:30 horas.