VIII Marcha BTT da Lamprea en Arbo

A celebrarse o domingo 14 de abril

Arbo | Volve a Marcha BTT da Lamprea ao Concello de Arbo, unha proba non competitiva, e a que poden inscribirse tanto ciclistas federados como aficionados, que ten como obxetivo principal promocionar a gastronomía (lamprea e viño) e a LXIV Festa da Lamprea que terá lugar ós días 26, 27 e 28 de abril, así como a nosa gastronomía, paisaxes, patrimonio e natureza

As persoas que queiran participar nesta actividade, deberán inscribirse online na páxina web da Festa da Lamprea https://festadalamprea.gal/evento/viii-marcha-btt-da-lamprea/ sendo o prazo máximo de inscripción o día 10 de abril.

Son 45 km aproximadamente de percorrido en bicicleta polo municipio de Arbo, unha actividade atractiva tanto para os participantes como para os espectadores – informa o alcalde Horacio Gil – e neste caso ademáis de deporte ao rematar os/as participantes poderán degustar gratuitamente o viño das adegas de Arbo e a Lamprea arbense.

Á saida será dende o Praza do Concello ás 9:30horas, donde se fará a recollida de dorsais, o prezo por participar ascende a 10€.- e inclue seguro, avituallamento, degustación de viño e lamprea de Arbo e agasallo recordatorio.

As prazas a este evento que terá lugar ó 14 de abril queda reducida a 150 participantes, co obxetivo de que os inscritos disfruten da proba e do percorrido.

Arbo está íntimamente ligado á lamprea e ao viño. Tal é a súa relevancia que, nesta localidade, o peixe e as uvas forman parte do escudo e da bandeira do municipio. Unha unión que tamén se mantivo na gastronomía coa transmisión, de pais a fillos, de receitas como lamprea en empanada, lamprea á prancha, fritida e rebozada, guisada con fideos, entre outras, informa o edil de o Concello de Arbo, e que mellor maneira de quentar motores que achegarse a esta ruta que cada ano atrae a máis participantes.