Viaxe Erasmus a Bruxelas do colexio La Inmaculada de Ponteareas

Foron recibidos na Embaixada de España e pola Fundación Galicia Europa

Bruxelas | Un grupo de profesoras e alumnos de 4 de ESO do colexio La Inmaculada de Ponteareas, na súa viaxe Erasmus a Bruxelas, foron recibidos polo Concelleiro
de Educación da embaixada de España, Pedro Martínez Ruano. Este faloulles da importancia dos idiomas e de sentir a identidade europea para levar a cabo proxectos de futuro.

Na visita tamén estaba Vanessa Lobo, representando á Fundación Galicia en Bruxelas, e dúas profesoras da Escola Europea II de Bruxelas.

Para preparar este proxecto, o profesorado enfocouse na defensa do medio ambiente, na igualdade de oportunidades, nas novas tecnoloxías e na aprendizaxe de idiomas.

O proxecto “Habitar la Tierra con sabiduría, de Ponteareas a Bruselas” levarase a cabo durante este ano. En maio visitarán Ponteareas o grupo de profesoras e alumnos belgas.