VI Edición dos Premios CREA 2021

Recoñece o labor audiovisual con perspectiva de xénero
“Mulleres no Foco” da Deputación de Pontevedra e CIMA obtivo a Mención especial á promoción da igualdade de xénero.

Santiago de Compostela | CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e a realización) celebrou esta fin de semana a súa habitual xuntanza de asociadas, na que tivo tamén lugar a VI Edición dos Premios CREA 2021, un evento onde se recoñece non só a labor na dirección e na realización dos traballos audiovisuais realizados durante o último ano, senón que tamén se destaca a aquelas entidades ou persoas que loitaron tanto pola visibilidade do cinema galego no exterior como pola promoción da igualdade de xénero.

Fixéronse entrega dos seguintes galardóns:
Premio de Honra – Margarita Ledo
Mención especial á promoción da igualdade de xénero – Mulleres no Foco da Deputación de Pontevedra e CIMA
Mención especial á visibilidade do cinema galego no exterior – Beli Martínez
Mellor Dirección de Longametraxe de Ficción – Fon Cortizo por 9 Fugas
Mellor Dirección de Serie de Tv. – Jorge Coira por Hierro T.2
Mellor Dirección de Longametraxe Documental – Sonia Méndez por A poeta analfabeta

Mellor Dirección de Curtametraxe Documental – Xacio Baño por Augas abisais
Mellor Dirección de Curtametraxe de Ficción – Noemí Chantada por Xoves de comadres
Mellor Dirección de Obra Experimental – Juan Lesta por 1,34943x10e4
Mellor Dirección de Spot ou Campaña – Ex Aequo para Illa Bufarda (Adriana P. Villanueva, Sabela Iglesias e Pilar Abades) por Eu fico e Mergúllate, le en galego
Mellor Dirección de Videoclip – Manu Viqueira por Ratas de Soziedad Alkohólika
Mellor Dirección de Web serie – Lucía Estévez por Xan Serie

Máis información en www.crea.gal

Outros artigos