VI Carreira Popular de Mondariz

O vindeiro 24 de setembro

Mondariz | O Concello de Mondariz volve contar coa Asociación Deportiva Mondariz para organizar a sexta edición da Carreira Popular de Mondariz, un evento que non se celebraba desde 2019 por mor da pandemia de Covid-19.

A Carreira Popular de Mondariz está programada para o 24 de setembro. Como noutras edicións, está concibida como unha proba de sete quilómetros para as categorías absolutas e presenta diferentes percorridos para as categorías de menores.

O proceso de inscrición xa está en marcha e permanecerá activo até o 22 de setembro. A participación ten un custe de 5 euros para os/as participantes maiores de 18 anos, e é gratuíta para os/as menores, aínda que a inscrición é requerida en todos os casos.

Semanas despois da VI Carreira Popular de Mondariz, o 12 de outubro, está programada a V Marcha BTT “Montes de Mondariz”, outra tradicional actividade organizada pola Asociación Deportiva Mondariz coa colaboración do Concello de Mondariz.