Venezuela e Cataluña.

Non se deixen enganar polos medios de comunicación oficiais, que minten e manipulan máis que falan. O interés de Venezuela é que nela hai petróleo e unha Revolución democrática que pretende socializar estes recursos en beneficio das clases populares, dando “mal” exemplo a outros países. O Goberno de EEUU e a maioría dos seus aliados non tiveron ningún problema con Franco, nin con Pinochet, nin con Videla… nin co Rei de Arabia Saudita, afamados ditadores, que patean e patearon os dereitos humanos. A marioría da oposición venezolana é violenta e golpista (o que non sae nos medios de comunicación oficiais, que defenden os intereses das multinacionais que os financian); queimaron vivos e lincharon a chavistas e intentaron boicotear un proceso electoral. E aínda así, foron derrotados nas urnas. Toda a lexitimidade democrática está do lado do Goberno chavista de Venezuela. Viva a Revolución bolivariana!

E o outro tema que quería tocar é o de Cataluña. O Estado Español non é democrático: nunca o foi e nunca o será mentres non recoñeza, con todos os dereitos e deberes, a súa realidade plurilingüística e plurinacional. Sinto ser tan cru pero a vosa democracia é unha farsa, sempre o foi e sempre o será. As institucións españolas están ateigadas de franquistas; a maioría dos medios de comunicación, dominados polas élites non democráticas, que impiden a xustiza social. Se vos queredes informar de verdade, teredes que contrastar esa información viciada coa prensa alternativa dixital ou en papel (a pouca que queda). Hai que deixarlle falar nas urnas ao pobo catalán. E se o Estado golpea a Catalunya, terédesnos a tod@s @s demócratas de fronte: @s que queremos desmontar dunha vez por todas un Estado cuxos alicerces son o fascismo, o imperialismo e o nacional-catolicismo. Amades a Cataluña? Si? Pois dádelle a liberdade. Amades Galiza? Pois non lle matedes a alma, que é o seu idioma, a súa cultura e a súa natureza. Non nos espoliedes os nosos recursos e dádenos a liberdade. Visca Catalunya Lliure! Viva Galiza Ceibe!

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!