Vanesa Fernández, nova voceira municipal do PSdeG-PSOE de Ponteareas

Substituirá a Chus Garrote, quen continuará como Tenente de Alcaldesa

Ponteareas/PSdeG-PSOE | A concelleira socialista, Vanesa Fernández, será a nova voceira municipal do PSdeG-PSOE nos plenos municipais. A Secretaria de Organización socialista, Vanesa Fernández, substituirá a Chus Garrote, quen continuará como Tenente de Alcaldesa do Concello de Ponteareas.

O Secretario Xeral do PSOE, Delfín Domínguez, explica que se trata dunha decisión que busca reforzar o enlace entre a nova executiva municipal e o grupo municipal composto polos tres concelleiros integrantes do goberno municipal.

“Vanesa Fernández é a Secretaria de Organización da Executiva Municipal de Ponteareas e ocupa unha secretaría na executiva provincial do PSOE de Pontevedra”, explica o Secretario Xeral do PSOE, Delfín Domínguez.

“O lóxico e natural é que desempeñe as funcións de voceira perante o pleno municipal e o goberno do que formamos parte”, afirmou o secretario xeral socialista.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos