Valentín González Formoso gaña as primarias do PSdeG

Triunfou en cinco das sete cidades galegas
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, puxo fin á era de Gonzalo Caballero e liderará o PSdeG de cara ás autonómicas de 2024.

Santiago de Compostela | Relevo no PSdeG. O presidente da Deputación da Coruña e alcalde do Concello das Pontes, Valentín González Formoso, será o novo secretario xeral dos socialistas galegos ao vencer contundentemente ao seu actual líder Gonzalo Caballero.
González Formoso impúxose de xeito incontestable.

González Formoso triunfou en cinco das sete principais cidades galegas, sendo estas A Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense y Lugo. Caballero só quedou triunfador en Vigo e Pontevedra.

A vitoria de González Formoso podería desnivelar o equilibrio de forzas territoriais dentro do PSdeG, con maior peso agora do sector coruñés.

Gonzalo Caballero (esquerda) e González Formoso protagonizaron o pasado 28 de outubro o debate antes das primarias do PSdeG.

Queda agora pendente o Congreso do PSdeG a celebrarse o vindeiro 7 e 8 de decembro, para definir a máis que probable candidatura de González Formoso como abandeirado dos socialistas galegos para as eleccións autonómicas da Xunta de Galicia previstas para 2024.