Valentín González Formoso disputará a Gonzalo Caballero o liderado do PSdeG

O presidente da Deputación da Coruña oficializou a súa candidatura para as primarias do 30 de outubro
Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, disputará a secretaría xeral do PSdeG a Gonzalo Caballero nas primarias do vindeiro 30 de outubro.

As Pontes | Tras meses de especulacións, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, finalmente decidiu presentar a súa candidatura para optar pola secretaría xeral do PSdeG no Congreso das primarias socialistas a celebrarse o vindeiro 30 de outubro.

Por tanto, González Formoso disputará o liderado do socialismo galego contra o actual secretario xeral, Gonzalo Caballero, quen pola súa banda anunciou a súa candidatura á reelección a semana pasada.

A candidatura de González Formoso foi presentada na súa localidade natal, As Pontes, municipio do que é alcalde desde 2007. Este 30 de setembro, o presidente da Deputación coruñesa realizará un acto nesa localidade coruñesa cos militantes de base na que debullará o seu proxecto.

Polo momento, González Formoso xa acadou un apoio importante por parte do alcalde do Concello de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, quen observou a súa candidatura como “sólida”. Fontes ligadas a González Formoso aseguran que a súa opcióna para a secretaría xeral do PSdeG é tamén ben vista dende o propio presidente de goberno Pedro Sánchez e dos círculos internos en Ferraz, a sé do PSOE a nivel estatal.