Valença acolleu un workshop da AECT Rio Minho

Sobre gobernanza transfronteiriza promovido pola OCDE

Valença | O AECT Rio Minho, na súa sede en Valença, acolleu onte luns 27 de novembro un workshop promovido pola OCDE (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico), e pola DGRegio, da Comisión Europea, sobre gobernanza transfronteiriza.

A xornada consistiu en abordar, en grupos de traballo conxunto, as fortalezas, desafíos, ameazas e oportunidades do AECT Rio Minho, creando un análise da súa actuación no territorio e propostas de actividades futuras. Entre elas, destacou unha maior aposta pola comunicación externa e interna, a posibilidade dos concellos que forman parte do AECT Rio Minho podan atopar financiamento para as súas accións e a creación dun foro de debate ou grupo de traballo conxunto con técnicos especializados neste ámbito para fomentar a identidade cultural conxunta.