V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos

Verán Cultural do Concello de Monforte na Praza de España e a Compañía

Monforte de Lemos | A Praza de España de Monforte acolleu o 18 de agosto, a primeira xornada de actuacións musicais dentro do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, que organiza o Concello de Monforte dentro do Programa do Verán Cultural e que nesta edición ofrece once concertos en diferentes espazos da cidade.

O certame arrancou este martes coa participación dos grupos Segunda Parte, e Rockin, e continuarán con cinco xornadas máis ata o xoves, 27 de agosto.

O obxectivo deste ciclo de concertos é dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público.

“Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica o alcalde, José Tomé.

Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.

Xoves día 20 ás 22:30 H Praza da Compañía: Galga Blues Band. Doce da noite no mesmo lugar: Bella Chaos. Martes día 25 ás 23:00 horas na Praza da Estación: Movilla y los Irrepetibles. Logo na Praza da Compañía Deuce e Los Jinetes del Trópico. Xoves 27 ás 22:30 na Praza de España: 7 Rojo. Ás 00:00 na Praza de España: El mundo de Sofía Band.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.