V Car Outlet en Expourense ata este domingo

Quince concesionarios ofrecen vehículos de 24 marcas de seminovo e kilómetro cero

Ourense | A entrega inmediata, as facilidades de financiamiento, as garantías que ofrecen os concesionarios oficias e o aforro que supón comprar un vehículo xa matriculado son os principais reclamos do V Car Outlet Ourense que abriu as súas portas en Expourense.

Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que reúne un total de 24 marcas representadas a través de 15 concesionarios asociados. Algunhas destas marcas, como Jeep ou MG, participan por primeira vez neste salón.

O V Car Outlet Ourense estará aberto ata este domingo 16 de abril e ofrece boas oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man e seminovos, puidendo atoparse vehículos que acaban de ser matriculados ata outros con ata 5 anos de antigüidade. A incerteza actual no mercado do automóbil coa proliferación de motorizacións diferentes (combustión, híbrido, eléctrico,..) está a provocar dúbidas no consumidor polo que esta cita se converte no mellor escenario para resolvelas e que cada cliente atope o coche que cubra as súas necesidades e o seu orzamento.

Todo isto sumado a que os tempos de espera prolongados para recibir un coche novo, conleva que o mercado de ocasión sexa a mellor opción para quen precise cambiar de automóbil dun xeito rápido, cómodo e cunha inmersión menor que pode supoñer ata un 30 ou 40% menos do prezo do coche novo. De feito, por cada vehículo novo, véndense xa 3 de ocasión.

A oferta do V Car Outlet Ourense é moi variada, cubrindo todas as gamas posibles, dende pequeno utilitario ata pequeño vehículo industrial. Tamén nas motorizacións hai ampla variedade cubrindo a gama dende os motores de combustión ata os eléctricos. En canto a prezos e, tendo en conta os descontos especiais en feira, o abano é tan amplo que se pode atopar dende un coche AMI Tonic que non precisa carnet e que se pode conducir a partir de 16 anos por 6.900 euros (coas axudas á mobilidade do gobernó galego) ata un Porsche Panamera 4 E-Hybrid Sport por 137.500 euros, se ben o prezo medio da maioría dos coches expostos oscila entre os 12.000 e os 30.000 euros.

O V Car Outlet ofrece numerosos vehículos que representan os catro eixos do mercado de ocasión: os kilómetro cero (novos que se venden así por obxectivos comerciais que indica o fabricante); vehículos de servizo (demostración ou cortesía) con antigüidade de ata 1 ano e con 15.000 kilómetros de media; seminovos (ata 5 anos de froito de renting empresarial ou operacións financeiras con garantía de recompra); e o de ocasión (que foi empregado por un particular e entregado no concesionario a cambio doutro). Por outro lado, este salón é unha boa ocasión para rexuvenecer o parque automobilístico galego (dos máis antigos de España) que ten agora unha idade media de 14 anos.

Polo que respecta á compra dun vehículo de segunda man, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir sempre a profesionais porque estes ofrecen unhas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares xa que, por lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esta garantía ata dous anos (ata 5 anos nalgúns casos), no caso dos seminovos (de 0 a 5 anos).

As garantías ofrecidas aos coches mercados neste salón son moi semellantes ás dos coches novos xa que “as marcas están a traballar moito por profesionalizar o mercado de ocasión e xa todas teñen a súa propia división de vehículos de ocasión”, explican. Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga a empresa.

O horario de apertura do salón será sábado 15 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 16 de abril de 11.00 a 20.00 h. A entrada ten un custo de 3 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.

Para facilitar a elección do vehículo, o salón conta con servizo gratuito de ludoteca que terá o seguinte horario: sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. e domingo de 12.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h.