Unión Deportiva Ourense xa está na Primeira Federación

Recibiu os parabéns do delegado da Xunta de Galicia na provincia

Ourense | O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na sala de xuntas da Delegación Territorial aos xogadores, corpo técnico e directiva da Unión Deportiva Ourense para trasladarlles os parabéns polo seu ascenso a Primeira Federación.

Durante a recepción, o delegado territorial felicitounos por acadar este segundo ascenso consecutivo do equipo ourensá xa que o ano pasado foron campións do Grupo I de Terceira Federación, e transmitiulles o firme compromiso da Xunta de Galicia na promoción e o fomento do fútbol na provincia de Ourense.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.