Un selo postal e múltiples actos para Xela Arias na provincia de Ourense

Homenaxe da Sociedade Filatélica e Numismática Miño

Ourense | A Sociedade Filatélica e Numismática Miño presentou no Liceo de Ourense o selo da poeta Xelas Arias. O presidente da entidade, José Barros, explicou que era un selo único que fai homenaxe a unha ilustre da cultura galega. A Sociedade Filatélica homenaxea os grandes poetas galegos e os principais selos que fan referencia a eles, coa colaboración de escolares e diferentes personas de forma individual. En concreto a exposición percorre a cultura galega e en particular, grazas aos estudiantes do colexio Cardenal Cisneros, que con orixinalidade fixeron diferentes relatos.

“A Sociedade Filatélica homenaxea os grandes poetas galegos e os principais selos que fan referencia a eles, coa colaboración de escolares e diferentes personas de forma individual”

Na Praza Maior de Ribadavia realizouse unha lectura dos textos da poetisa. En Xinzo montouse un mercado de libros en galego, cun 20 % de desconto, e mozos e maiores desfrutaron dun espectáculo orixinal de “Xarope Tulú”. Dramaturxia e narración oral danse a man en “De ti e mailo mundo que apañes” co fin de presentar a figura de Xela, facendo un percorrido pola súa vida e pola súa obra. Este espectáculo tamén chegou ao Barco de Valdeorras.

En Barbadás, nenos e maiores disfrutaron coa actuación do grupo Especialistas Hípica Celta, que interpretaron o espectáculo Xela Arias fala coa natureza. O colectivo “Loiro na Memoria” uniuse a esta conmemoración misturando a música tradicional galega coa obra da sarriana Xela Arias.

En A Rúa o festexo estivo en mans da agrupación Abertal, composta polos alumnos da escola de música e baile tradicional do municipio. Os xoves intérpretes valdeorreses realizaron un pasarrúas polo centro do pobo, que rematou cun acto de homenaxe na Praza do Concello. Alí tampouco faltou a música nin a tradición, que puxeron as actuacións da banda de gaitas, do grupo de baile e das pandeireteiras.

Na Insua dos Poetas, organizada pola Deputación de Ourense e o Concello de O Carballiño, actuou o grupo 4 Mal Quartet no parque da Esgueva, do que desfrutaron decenas de carballiñeses e foráneos. Os poetas Rochi Novoa e Quico recitaron os versos de Xela Arias.
En Celanova actuou a Banda de Música coa colaboración da cantante Belén Monís e do gaiteiro José Nabor Gómez, no mosteiro.

En Allariz, presentaron o espectáculo Noviña as artistas María Mendoza e Nate Borrajo.

Á aldea de Santa Baia de Montes, en Cualedro, Xosé Lois Foxo, director da Banda de Gaitas de Ourense, gravou ás cantareiras que aínda quedan no lugar. Margarita Fernández, de 99 anos, Basilisa Sotelo, de 80, e Justo Ferreiro, de 76, cantaron mentres fixeron soar as clásicas latas de pimentón, unha forma popular de facer música, e cantaron no día adicado a Xela Arias.