
Tui | O Concello de Tui finalizou a primeira fase da intervención no antigo edificio dos Xulgados da Praza da Inmaculada, un inmoble de singular valor arquitectónico que o Concello está a recuperar por fases para incorporalo plenamente ao patrimonio público útil da cidade.
Esta primeira actuación, cun investimento de 224.321,90€, está financiada ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística “Vive a Historia, descubre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”, dentro da estratexia municipal de captación de fondos europeos para a recuperación e transformación de equipamentos e espazos públicos.




