Tui participou na asemblea xeral da Red de Juderías de España

Aprobáronse as contas anuais de 2021

Tui | Hoxe celebrouse de xeito telemático a 59ª Asemblea Xeral Ordinaria da Rede de Juderías. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou na mesma ao igual que os representantes outras cidades que conforman a rede, en concreto Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Córdoba, Estella-Lizarra, Xaén, León, Lucena, Lorca, Monforte de Lemos, Sagunto, Tarazona, Toledo e Tudela.

A Asemblea Xeral Ordinaria, estivo presidida polo actual presidente da Asociación e alcalde de Lucena, Juan Pérez. Os participantes compartiron inquietudes e como a nova situación xeopolítica internacional está de novo pondo a proba aos destinos desta asociación de municipios.

Na reunión aprobáronse as contas anuais de 2021, así como o proxecto de axudas estatais do Programa “Experiencias Turismo España”, que a Rede de Xudarías presentará antes do 20 de abril co fin de poder levar a cabo un proxecto de desenvolvemento de xestión turística de experiencias nas cidades que integran a Asociación.

Por outra parte, tendo en conta a intensificación da posición da Red de Judarías en Europa, participaron na Asemblea o director da Asociación Europea do Patrimonio Xudeu (AEPJ), Víctor Sorenssen, e o vicepresidente da Rede de Xudarías de Portugal e presidente da Cámara Municipal de Castelo de Vide, Antonio Pita. Ambos trasladaron á Asemblea os proxectos que os vinculan e nos que traballan conxuntamente coa Red de Juderías de España.

Outros artigos