Tui mellorará a vía e acceso á Praia Fluvial Areeiros

As obras son por importe de 159.226,22€, IVE incluido

Tui | A Praia Fluvial Areeiros na Veiga do Louro verá mellorada o seu vial de acceso de acceso ao areal a través dunha intervención que abarcará a superficie completa do camiño e que foi adxudicada a empresa Construcciones Castro Figueiro SLU por importe de 159.226,22€, IVE incluido.

O foco da actuación busca o acondicionamento da vía, mantendo o seu percorrido e a súa intersección coa senda peonil Tui- Caldelas. O plazo de execución das obras é de mes e medio.

Para levar a cabo este proxecto na zona será necesario acondicionar a pavimentación da vía co obxectivo de mellorar tamén a seguridade vial para peóns fronte ao tráfico rodado. Ademais a intervención inclúe a habilitación dun terreo próximo a praia como espazo de aparcamento para vehículos, e a instalación dunha rede subterránea de baixa tensión e alumeado público.

No tramo rodado renovarase o pavimento.

O fío condutor dos traballos é o uso de pezas de ladrillo cerámico. Atendendo ás necesidades puntuais do percorrido, esta liña condutora transfórmase ou dispersa para acentuar os cambios de uso e circulación. Exponse como engadido diferenciador un cambio de pavimento entre os dous tipos de circulación (rodada e peonil).

No tramo rodado renovarase o pavimento de aglomerado asfáltico e formarase un pavimento de formigón para o tráfico peonil. Debido ao ancho útil da vía proxéctanse zonas como aliviadoiros para os vehículos, facilitando o movemento en ambas as direccións.

Fondos europeos para o Pantalán de Pescadores
O Pantalán de Pescadores de Tui, situado nas inmediacións do Centro Interfederado de Tui, na desembocadura do río Tripes vai ser reacondicionado e remodelado dentro do proxecto “Río Miño: un destino navegable”aprobado polo programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). As obras foron adxudicadas a empresa tudense Ronáutica Quality Marinas S.L por un importe de 47.884.30 €.

A remodelación prevista permitirá o uso compartido desta infraestructura para o atraque de barcos turísticos que naveguen polo Miño e os pescadores e particulares que utilizan actualmente este pantalán como punto de amarre.

As obras terán un importe de 47.884.30 €.

As actuacións previstas dentro deste Programa farán posible posicionar ao río Miño transfronteirizo como un destino turístico de referencia, potenciando actividades de turismos sostible como rutas polo río que inclúan visitas a distintos puntos das beiras do Miño. Para acadar estes obxectivos faise imprescindible a mellora da navegabilidade neste tramo, para o que, ademais doutra serie de actuacións, é necesario instalar pantaláns de atracada que faciliten o acceso ás diferentes zonas que se propón visitar.

Os traballos previstos contemplan a substitución do chan de madeira existente no pantalán por un piso de composite, a substitución da pasarela existente por unha nova máis ancha, e o cambio da plataforma de acceso actualmente en terra por unha estrutura de aluminio con piso de composite. Ademais, tamén levarase a cabo o recrecido dunha das patas do tramo fixo, a substitución do portalón existente por un situado no tramo fixo de acceso, e a montaxe dunha peza de conexión co pantalán, en forma de T baixo a pasarela e o atraque.

Ademais con esta remodelación dotaráse de mobiliario a zona instalando dous bancos de 1,8 metros de lonxitude, e unha pérgola de 4×2 metros cadrados con estrutura de perfís de aluminio encostados ao muro traseiro e lamas de aluminio orientables mediante un dispositivo manual. Amáis colocarase un cartel indicativo de madeira serigrafiado de 1,60×1,0 metros, e instalarase duas flechas sinalizadoras nas cercanias deste pantalán.