Tui leva a cabo unha intensa programación con motivo do 25N

Con charlas, conferencias, performance, pleno infantil e documentais

Tui | Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Para a Erradicación da Violencia contra a Muller, elaborouse o seguinte programa de actividades.

Programa
Venres, 18 de novembro, ás 11.30 h, na casa do concello de Tui
Pleno infantil: a violencia de xénero a debate polos nenos e nenas dos centro educativos do concello de Tui.

Martes, 22 de novembro, ás 19.00 h no edificio Francisco Sánchez
Mesa Redonda: “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección” Abordaremos: A Atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas. Os Protocolos de protección e os Recursos públicos.
Interveñen:
Representante da equipa VIOXEN da Garda Civil
Representante da equipa Vioxen da Policía Local de Tui
Coordinadora Servizos Sociais municipais
Avogada de atención a mulleres vítimas

Xoves, 24 de novembro.
Charla informativa sobre “Agresións sexuais e violencia sexual” para o alumnado de 2º da ESO do Instituto Indalecio  Pérez Tizón.
Monólogo “En pé de Igualdade” con Arantxa Treus e Marta Doviro para o alumnado de bacharelato  e ciclos formativos dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón.
Lectura de declaración institucional no pleno da corporación municipal e constitución plenaria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.

Venres, 25 de novembro, ás 19.00 h no interior do edificio dos antigos xulgados na Praza da Inmaculada
Acto conmemorativo 25N
Acción escénica de Mónica Sueiro “DesAlento”
Lectura de manifesto
Actuación musical de Sofía Espiñeira

Sábado, 26 de novembro, ás 12.00 h na Praza de Abastos
Performance “A última cea” de Uxía Morán

Martes, 29 de novembro, ás 19:00 h no anxeo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez
Conferencia “As violencias sexuais, do #MeToo ao só si é si” con Laura Seara,  avogada, deputada e exsecretaria de estado de Igualdade.

Mércores, 30 de novembro
Proxección da película-documental “Serás hombre”, e posterior coloquio coa autora Isabel de Ocampo, para o alumnado de Bacharelato e Ciclos Medios dos IES San Paio e Indalecio Perez Tizón.

Sábado, 3 de decembro
II Xornada de Comunicación e Igualdade
Durante o mes de decembro
Formación para o persoal municipal en materia de igualdade do II Programa Municipal de Formación e Intervención  interna en materia de igualdade dentro do programa Maruja Mallo.