Tui instala novas marquesiñas

En Pexegueiro, Paramos e Caldelas

Tui | O Concello de Tui vén de renovar estes días catro novas marquesiñas en tres parroquias Pexegueiro, Paramos e Caldelas. Esta actuación súmase á realizada o pasado mes de novembro en Rebordáns, Pazos de Reis, Baldráns, Caldelas, Malvas e Paramos.

Deste xeito o goberno municipal, con fondos propios, optou por renovar estes elementos ante o mal estado de conservación que presentaban moitos deles. As novas marquesiñas foron construídas e instaladas por operarios municipais.