Tui celebrou o II Encontro de Autocoidado Profesional

Organizado pola entidade Creando Educación Social

Tui | O patrimonio natural e patrimonial, xunto aos servizos dispoñibles na cidade fixeron que Tui fose o lugar elixido para celebrar o II Encontro de Autocoidado Profesional organizado pola entidade de aprendizaxe vivencial e xestión emocional Creando Educación Social.

Raquel Montero e Lucía Fernández, de Creando Educación Social, puxeron en marcha esta iniciativa o ano pasado co obxectivo de crear espazos de encontro e autocoidado nos que profesionais do ámbito social coiden da súa saúde emocional, creando, ao tempo, unha rede de apoio sólida e que perdure no tempo.

Ata Tui desprazáronse esta fin de semana un véntena de persoas de Galicia, Madrid, Tenerife ou Valladolid. Así na cidade reuníronse profesionais e estudantes de Educación Social, Traballo Social, e Psicoloxía xunto a profesorado de toda España

Seguindo o programa previsto realizaron distintas actividades coma experimentación con arcilla, ou talleres de relaxación ou risoterapia. Amais o sábado pola tarde percorreron a senda do río Tripes guiadas pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes.

A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, agradece ás organizadoras deste Encontro ter elixido Tui para a súa celebración, destacando coma a cidade reúne as características idóneas para este tipo de iniciativas tanto polos seus atractivos naturais, patrimoniais ou turísticos, coma polos servizos profesionais que hai na cidade para este tipo de evento dende aloxamento, restauración, guías, … Ana Núñez destaca amais coma este Encontro fai fincapé en algo tan importante coma o “autocoidado”, necesario tanto dende o punto de vista persoal coma profesional.

X Mosta Teatral “Miguel Troncoso”
A asociación Randufe organiza a partir do 22 de outubro de 2023 ás 19:00 horas a X Mostra Teatral Miguel Troncoso 2023 a cargo do grupo de teatro “Chirlomirlo” coa obra “Don Quixote”. Particular visión do clásico da literatura universal. Texto, escenografía, dirección, son e música a cargo dos nosos teatreiros.

Domingo 29 de outubro de 2023 ás 19:00 horas: Continuamos coa mostra e nesta ocasión contamos co Grupo de Teatro CalDelas de Caldelas de Tui coa obra “E ti, a que escola fuches?”. Trátase dunha adaptación da obra “O Florido Pensil”, outro clásico con case 30 anos de percorrido.

Sábado 04 de novembro de 2023 ás 19:00 horas: Volvemos a contar cuns vellos amigos. Oito anos despois, o grupo Andaravía Teatro de Vedra volve á nosa Casa Cultural coa obra de elaboración propia “Xacovedra”, modesta (ou mordaz?) contribución ós fastos e celebracións do Xacobeo. Sábado 04 de novembro de 2023 ás 20:30 horas, anticipámonos unha semana ó San Martiño:

Domingo 05 de novembro de 2023 ás 19:00 horas: Remate da X Mostra Teatral Miguel Troncoso co grupo de teatro “Ata Sempre” de Alxén, Salvaterra de Miño. Vannos presentar o seu último traballo: “Atranco no banco”, a súa versión da obra homónima escrita por Manuel Núñez Singala. Charla sobre a toponimia. Xoves 26 de outubro ás 20 h. O pasado 02 de xuño fixemos unha petición formal á Real Academia Galega para incluír ó concello de Tui como beneficiario da charla “Toponimízate” dentro do proxecto “Galicia Nomeada” para o ano 2023. O dito proxecto trata de recupera-la micro-toponimia que se está a perder en todo o territorio de Galicia.

Dende Xuntanza consideramos que a perda de nomes tradicionais das distintas zonas é un problema que se está a manifestar en Randufe con máis intensidade debido a distintos factores: estase convertendo en zona residencial e gañando poboación foránea; está perdendo espazos naturais; increméntanse as urbanizacións, os supermercados e os polígonos industriais; está atravesada pola autovía A55 e hai novas infraestruturas de comunicación en marcha. É por iso polo que , como impulsores desta iniciativa para todo o concello de Tui, teremos unha charla sobre toponimia que vai ofrecer o académico Vicente Feijoo o vindeiro 26 de outubro ás 20:00 horas no salón da nosa Casa Cultural de Randufe.