Tui amplía a fibra óptica a oito das súas parroquias

Eliminando así o cableado cara as vivendas

Tui | A rede de fibra óptica xa está despregada en moitas parroquias do Concello de Tui e tamén se esta implantando no centro urbano a través de vía área, eliminando deste xeito o cableado cara as vivendas. Trátase dun plan de implantación que no vindeiro 31 de decembro deste ano debería estar rematado.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Laureano Alonso, manifestou que os usuarios das zonas con cobertura de fibra xa poden contactar coas operadoras que ofrezan este servizo para contratalo. As parroquias con cobertura de fibra actualmente son as seguintes:

Guillarei: Albelos e Sobredo
Ribadelouro: San Simón
Pazos de Reis: Fonteliña, Frinxo, Circos, Herdeiros, Os Muiños, O Anxo, Seixal, Ricamonde, Casas Novas
Rebordáns: Virxe do Camiño, rúa Calzada, San Bartolomé, Coengo Valiño, Arraial, Manteigada, Montiño e Los Rosales.
Randufe: Montiño e Cota de Gaio
Caldelas: O Baño e A Igrexa
Pexegueiro: Souto e zona centro cultural
Areas: Anta

Laureano Alonso indicou tamén que proximamente, seguindo o plan de implantación da fibra óptica no Concello de Tui, as parroquias de Baldráns e Paramos contarán tamén con fibra óptica.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!